價格:免費
更新日期:2017-06-18
檔案大小:6.9M
目前版本:1.0
版本需求:Android 1.6 以上版本
官方網站:mailto:bacharelato2009@gmail.com
O IES Eduardo Pondal está situado na desembocadura do río Anllóns que conforma neste punto un esteiro de gran importancia socio-económica para a comarca de Bergantiños. Os humedais son ecosistemas variados e complexos que están en seria regresión como consecuencia das actividades humanas. Estes problemas de conservación afectan en especial ás aves migratorias, un grupo de animais que viaxa miles de quilómetros de mancha húmida a mancha húmida. Debido á redución dos humedais, os poucos espazos húmidos con boas condicións de conservación son imprescindibles como lugar de invernada, cría ou paso para moitas aves migratorias. O esteiro do Anllón é un exemplo deste tipo de espazos. Trátase dun humedal cun estado de conservación aceptable que permite observar unha gran diversidade de aves segundo a época do ano.
Dende o IES Eduardo Pondal queremos poñer o noso gran de area para mellorar a conservación deste espazo dando a coñecer algunhas das aves máis importantes deste.
A aplicación realizouse ao longo do curso académico 2016-17 no marco do programa Naturézate (Plan Proxecta) promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os autores das observacións e imaxes precisas para realizar a presente obra son alumnos de 3º ESO e 2º Bacharelato baixo a dirección dos profesores Nacho Méndez Baamonde e Isabel Segura Espinosa.